Este luns a Biblioteca Xela Arias encheuse de creatividade e maxia grazas ao noso obradoiro de postais de Nadal, conducido pola artista Macarena G. Muñoz.
Nenos e nenas de Chapela foron convidados a realizar postais artesanais para felicitar as festas ás súas persoas máis queridas, e instruidos na tradición do envío destas postais polo xa case esquecido correo postal ✉📭
Dende a biblioteca sentimos un chisco de nostalxia e moita alegría ao ver o interese co que a rapazada participante se empregaba na tarefa.
Elaboraron cada un deles tres postais, seguindo técnicas e estilos creativos moi diferentes 🖌🖍✏✂
Agardamos que amigos e familiares destes rapaces e rapazas se ilusionen ao recibir agasallos visuais tan fermosos como os que elaboraron a pasada tarde no noso centro de Chapela.