O Calendario do Libro e a Lectura de Galicia festexa o 30 de xaneiro, día do nacemento de Alfonso R. Castelao, como o Día da Ilustración.

Trátase dun día para coñecer aos nosos artistas ilustradores de todos os tempos, e para valorar e recoñecer o seu labor. Neste 2022 está adicado á figura de Reimundo Patiño, destacado autor da posguerra.

Nas bibliotecas públicas aproveitamos esta data para darlle valor aos libros que se apoian nas imaxes, especialmente os álbumes ilustrados e a banda deseñada.

As Bibliotecas municipais de Redondela convidámosvos a ilustrar con nós, do xeito máis sinxelo: nenos e grandes non tedes que ter un talento especial como debuxantes, senón deixarvos levar pola imaxinación. Propoñémosvos facer ilustracións con simples figuras xeométricas. Entre o mércores 26 e o venres 28 de xaneiro, estades convidados a ilustrar con nós.

Agradecemos a inspiración e algúns dos materiais a páxinas web como: webdelmaestro.com o a aprendiendoconjulia.com.

A ver que tal se vos da!! Atrevédesvos?!