Como xa sabedes, mensualmente Normalización Lingüística Redondela estase a poñer en contacto con distintos/as creadores/as e persoas das letras para pescudar sobre as súas preferencias literarias e os libros que máis lles marcaron ao longo da súa vida.
Neste mes coñecemos a preferencias de Yolanda Castaño, unha embaixadora da lingua e a literatura galega que percorre, cos seus libros e versos, o mundo. Unhas veces está en Estados Unidos e outras aparece en Xeorxia. En países tan lonxanos escoitan a nosa lingua. Sábena querer como expresión de patrimonio, como execicio de cultura.
Aquí podedes acceder á entrevista no blogue do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela
✅As bibliotecas poñemos o noso pequeno gran de area nesta preciosa iniciativa , colocando cada mes, nas nosas salas de lectura, un centro de interese coas obras dos escritores que máis lle prestan ao autor/autora do mes.