Como xa sabedes, mensualmente Normalización Lingüística Redondela estase a poñer en contacto con distintos/as creadores/as e persoas das letras para pescudar sobre as súas preferencias literarias e os libros que máis lles marcaron ao longo da súa vida.
Nesta ocasión é a viguesa María Oruña , unha das escritoras con maior proxección e éxito dentro do xénero da novela negra, a protagonista.
Aquí podedes acceder á entrevista no blogue do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela

As bibliotecas poñemos o noso pequeno gran de area nesta preciosa iniciativa , colocando cada mes, nas nosas salas de lectura, un centro de interese coas obras dos/as escritores/as que máis lle prestan ao autor/autora do mes

María Oruña