👉Como xa sabedes, mensualmente Normalización Lingüística Redondela estase a poñer en contacto con distintos/as creadores/as e persoas das letras para pescudar sobre as súas preferencias literarias e os libros que máis lles marcaron ao longo da súa vida.

Neste este mes foi Gonzalo Hermo, un dos poetas novos con maior proxección da literatura galega. Dentro e fóra de Galicia. Un dos escritores que levou a poesía galega a festivas internacionais organizados en Arxentina, Canadá ou Cataluña. E os que restan por vir. Un investigador da literatura galega medieval, en concreto da onomástica, merecente do título de doutor en Lingüística Galega. Un tradutor de poesía galega contemporánea. Un narrador, un profesor, un editor… E Gonzalo Hermo só ten 34 anos e prestixiosos premios no seu haber.

👉Aquí podedes acceder á entrevista no blogue do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela

As bibliotecas poñemos o noso pequeno gran de area nesta preciosa iniciativa , colocando cada mes, nas nosas salas de lectura, un centro de interese coas obras dos escritores que máis lle prestan ao autor/autora do mes.