Continuando coas visitas escolares á Biblioteca Xela Arias de Chapela, na mañá do xoves recibimos ao alumnado de Educación Infantil do CEIP Alexandre Bóveda.

Para moitos dos nosos pequenos visitantes esta era a súa primeira vez na biblioteca, así que agardamos que repitan e volvan a encontrarse con nós acompañados das súas familias.
Durante a visita coñeceron o funcionamento da biblioteca, e os servizos que lles ofrece a eles e mais a todos os cidadáns. Tamén, como nos anteriores grupos que nos visitaron, participaron nunha sesión de contos arredor do coñecemento das emocións, a saúde mental e o coidado de nós mesmos e dos demáis.

E para espallar estas boas sensacións, nada mellor que 24 enormes sorrisos cos que saíron da biblioteca, para contaxiar a ledicia por toda a parroquia.