Achégase o Nadal, e a Biblioteca Xela Arias de Chapela prepara unha nova edición da actividade creativa da que tanto gozamos o pasado ano.

Contaremos un ano máis con Macarena G. Muñoz para conducir un obradoiro onde non só elaboraremos postais de felicitación do máis orixinal, senón que as escribiremos e enviaremos ás persoas queridas.

Unha proposta para recuperar unha tradición propia destas datas que, tristemente está a caer en desuso.

A data: luns 11 de decembro, de 17:00 a 19:00 h.

Faremos unha traballo manual que tamén será un fermoso recordo para enviar a familiares e amigos.

Os nenos/as prepararán as súas propias postais coas indicacións e os materiais dos que se lles farán entrega, escribirán o texto que as acompaña, porán o destinatario e o remitente no sobre e pegaremos un selo para poder envialos por correo.

 O obradoiro está dirixido a rapazada de 6 a 12 anos.

Recoméndase traer escrito o enderezo da ou das persoas ás que o neno/a desexe enviar a postal.

Para participar é preciso inscribirse na Biblioteca Xela Arias:
tlf: 986-454-226, correo: bibliotecachapela@redondela.gal