O pintor Ángel Barros e a alcaldesa, Digna Rivas, xunto ao cadro de Valle-Inclán, acompañadas pola edil de Cultura, Iria Vilaboa (dcha.), e a directora das bibliotecas, María Elena Becerra.

A biblioteca de Redondela recibiu un excepcional agasallo durante a Semana do Libro. O pintor e restaurador local Ángel Barros doou a este servizo municipal un retrato sobre lenzo de Ramón María del Valle-Inclán –autor que dá nome á biblioteca redondelana– e que foi enmarcado polo carpinteiro do Concello seguindo as indicacións do propio artista.

A alcaldesa redondelana, Digna Rivas, agradeceu a Barros o seu xesto de xenerosidade por doar esta obra “que afonda aínda máis non estreito vínculo que une a Redondela e Valle-Inclán”. Nese sentido, a rexedora local lembrou que hai uns meses, o goberno local decidiu trasladar o busto do ilustre autor desde a Praza de Figueroa, “onde pasaba case que desapercibido”, ata a entrada do Multiusos da Xunqueira, “un lugar onde adquire a importancia que merece, posto que está situada a biblioteca redondelá que leva ou seu nome”.

Rivas destacou que Barros “está sempre disposto e de maneira altruísta a colaborar coas iniciativas promovidas pola institución”. De feito, as portadas dos libros dedicados ás parroquias, promovidos desde o Servizo de Normalización Lingüística, son tamén obras súas.

Por último, a alcaldesa mostrou o compromiso do Concello coa obra de Barros, como consta na declaración aprobada o pasado ano polo pleno municipal e adiantou que están a traballar no proxecto museístico e na documentación para formalizar a entrega da obra de Ángel Barros ao pobo de Redondela.

Desde as nosas/vosas bibliotecas: MOITÍSIMAS GRAZAS, D. ÁNGEL!