Na Biblioteca Xela Arias estamos a xogar e a divertirnos cos centros de ensino!

Desta vez recibimos a visita do alumnado de 5º do CEIP Igrexa para coñecer e afondar no patrimonio inmaterial galego.
Lendas, tradicións, lugares máxicos, festas populares… todo entra no noso xogo de Biblio-Oca! E todo nos serve para aprender e coñecer máis da nosa contorna.
👹😈👻🐍

Rapaces e rapazas deste centro de ensino saíron moi contentos da actividade. E nós quedamos encantados!

Agardamos velos de novo polas nosas instalacións 😊