O próximo venres, 16 de febreiro, chega á Biblioteca Municipal de Redondela, da man da Fundación Filomena Rivero Alonso, Pepa Martín, mariscadora de cuentos.
Pepa é narradora, dinamizadora da lectura e contadora galega, desde hai máis de 20 anos, vive en Madrid e viaxa por todo o mundo contando e escoitando historias.
As letras servirán de punto de partida para as historias dinámicas que vai compartir connosco no seu Alfabeto dos Contos.
Lugar: Sala Infantil-Xuvenil da Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela
Hora: 18:00 h. (6 da tarde)
Para nenos e nenas de 5 a 10 anos e público familiar
De balde. Inscrición previa na Biblioteca Municipal de Redondela (986 40 15 61)
Organiza: Fundación Filomena Rivero Alonso
Colaboran: Bibliotecas Municipais de Redondela
#Desenvolvementocreativonabiblio