O pasado 11 de xullo de 2022 o Consello de Ministros acordou a declaración do 17 de marzo como Día do Cómic e do Tebeo, como medida para impulsar o sector, recoñecendo o papel dos seus profesionais na vida social e cultural.
Precisamente o peso do cómic na nosa historia é o motivo da elección do día 17 de marzo, escollido en honra ao comezo de publicación da mítica revista de historietas TBO, que deu nome ao propio fenómeno da lectura en viñetas en España e que se mantivo no nome desta celebración como unha chiscadela á creación española.
O cartel conmemorativo deste día foi deseñado por Francesc Capdevila, Max, Premio Nacional do Cómic 2007, e está dispoñible en todas as linguas do Estado.
Nas Bibliotecas Municipais de Redondela somos apaixonados da Banda Deseñada e queremos unirnos a esta celebración coa incorporación, neste día, de seis estupendos títulos que esperamos sexan do voso agrado.