Nesta última semana a Biblioteca de Chapela está a rediseñar o seu interior, colocando nova sinalización na biblioteca, que máis aló de aportar información para os lectores e lectoras, aporta moita vida e animación no seu interior.

Quedan algunhas cousiñas por rematar, pero xa estamos a sentirnos moito máis contentos dentro da biblioteca.

Que agasallo de Nadal tan bonito para os nosos lectores e lectoras. Entraremos con forza no 2023.