O 11 de xaneiro conmemórase como o Día do usuario e da usuaria das bibliotecas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

As Bibliotecas Municipais de Redondela festexamos esta data agasallando libros e marcapáxinas ás persoas que fixeron uso do servizo de préstamo nas nosas dúas bibliotecas.

Os libros “Galegas na ciencia” , editados por Belagua, foron unha doazón do Concello de Redondela para esta ocasión, e sorprenderon e gustaron moito aos nosos usuarios e usuarias; mentres que os marcapáxinas corresponden a un deseño creado pola biblioteca, e que podedes descargar AQUÍ.

Os lectores e lectoras sodes o compoñente máis importante das bibliotecas, e os que dades sentido ao noso servizo. GRAZAS!!