Lectura na Rúa celebrou a súa III edición con máis de mil participantes. O tempo mantívose en calma e permitiu xuntarse na Alameda de Castelao aos 18 centros educativos e dous dos centros de día de Redondela para celebrar e divulgar a importancia da lectura.
Tras as palabras de benvida da alcaldesa, Digna Rivas, o evento deu comezo ás 10:30h co pregón a cargo da escritora chapelana Andreia Costas. De seguido procedeuse a 10 min. de lectura silenciosa e 20 min. de lectura compartida. Ás 11:10h fíxose o intercambio de marcapáxinas que traballaron durante a semana os máis cativos e cativas nas aulas e cos que fixeron troque de forma libre. A partir das 11:45h comenzaron as actuacións musicais da man de Gramola Gominola e Pablo Ríos DJ quenes remataron o encontro.
Unha delicia poder colaborar nesta nova edición de Lectura na Rúa.
O que gozamos!