🔷Este pasado venres se emitía o último dos programas radiofónicos de “Xela a Diario. O poema somos nós”, que se enmarca dentro das actividades das Bibliotecas Municipais de Redondela para homenaxear a Xela Arias, autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Se non tivestes a oportunidade de escoitalos deixámosvos esta ligazón co acceso aos 20 podcast, duns 8 min. cada un, nos que a narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini, coa colaboración de distintos representantes do mundo da cultura, achegaravos a figura da autora dun xeito ameno, entusiasta e enriquecedor.
🔶Pero “Xela a Diario” non termina aí.
O 3 de maio dará comezo a segunda fase do proxecto co nome de “Xela a diario. Voces amigas”.
Contará con catorce destacados/as convidados/as , entre eles persoas que coñeceron persoalmente a autora, así como membros da súa familia. Todo isto coa colaboración da Radio Municipal de Redondela.
✅“Xela a diario. Voces amigas”se emitirá a través das ondas da Radio Municipal de Redondela do 3 ao 17 de maio, de luns a domingo, en horario de 12:00 e 17:00 h. Nas fins de semana tamén será difundido pola Rede de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA).
Así mesmo, os podcast estarán dispoñibles diariamente, a través da páxina web de Radio Redondela e nas redes sociais das Bibliotecas Municipais de Redondela.
Este ano en que as Letras Galegas se lle adican á poeta e tradutora Xela Arias, as bibliotecas municipais de Redondela están comprometidas como nunca coa celebración desta festa no noso municipio pois unha das bibliotecas da súa Rede, a que está situada en Chapela, leva como nome Xela Arias dende o ano 2018 por votación popular.
Agardámosvos!
Radio Redondela pon en marcha a 2ª parte da súa homenaxe a #XelaArias2021 co programa «Xela a diario. Voces amigas» conducido por @FacchiniAna #XelaAriasRedondela #BibliotecasRedondela
Nas fins de semana na rede de #Emugahttps://t.co/z2E2qIjPCGhttps://t.co/gSaC9qwgvj[125/365] pic.twitter.com/djQl6Llcrz— Manuel Bragado (@bretemas) May 5, 2021