A fantasía fíxose realidade na Biblioteca Xela Arias.

O Multiúsos de Chapela acolleu a función: “Onde viven os monstros”, un espectáculo de títeres cheo de personaxes monstrosos pero capaces de namorar ao público asistente.

Carmen Domech, a condutora da función soubo transmitir a emoción nas súas historias e as ensinanzas dos seus contos, e nenos e adultos amosáronse moi participativos.

Un xeito inesquecible de festexar o Día das Bibliotecas, que pudemos levar a cabo grazas ao programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.