Este luns 16 de outubro celébrase o Día das Escritoras. Unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España, xunto coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas, que nace coa intención de darlle difusión á literatura hispánica feita por mulleres. Trátase de reivindicar a figura das escritoras, moitas das cales foron ignoradas, pouco recoñecidas no seu momento, ou esquecidas.

A data elexida para festexalo cada ano é o luns máis preto da festividade de Santa Teresa de Jesús (15 de outubro).

O lema desta VIII Edición 2023 é O pracer, a alegría e a risa das mulleres , “este ano queremos facer do día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio. O 16 de outubro imos rir e a falar do pracer.

O pracer ante o goce da natureza, as viaxes, a comida, os coñecementos; o pracer do erotismo sen culpabilidade, da lectura e a escritura; o afiado sorriso da sátira e o sentido do humor como táboa de salvación nos tempos máis aciagos… Porque a risa e a alegría son transgresoras en sociedades que aínda esixen ás mulleres un certo recollemento e modestia. Sometemento e silencio. O 16 de outubro imos facer harmonicamente ruído.

As voces, en castelán, catalán, galego e eúscaro, chegarannos dunha beira e outra do océano Atlántico e poida que a música tamén evoque o lado máis luminoso da festa…” (Marta Sanz, comisaria da VIII Edición del Día das Escritoras 2023″

As Bibliotecas Municipais de Redondela, como en anos anteriores, volvemos participar este ano na programación.
Neste 2023, asomámonos á obra das escritoras da nosa histora en colaboración coa Radio Municipal.

As ondas de Radio Redondela retransmitirán algúns destes textos seleccionados  dentro do programa  matinal A estación. E para iso, desta vez, contamos, entre outros/as,  coa  participación da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela.

Será durante a semana do 16 ao 20 de outubro cando tentaremos achegar a voz literaria das mulleres aos radiooíntes 

Lembrade que a cita é no 94.9 da FM, pero que tamén poderedes atopar os podcasts na web e redes sociais da emisora e da Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela.

Redondela na páxina da conmmemoración da Biblioteca Nacional de España

-Os audios de “En Onda coas Escritoras” na web de Radio Redondela

-A nova na web do Concello de Redondela

 

Gravacións realizadas en Radio Redondela para o Día das Escritoras 2023:

1- Roberto le o poema “llas Cíes”, en Prometo a flor de loto (1992) de Luz Pozo Garza.

 

2- Tini le o texto “la nueva cocina madrileña impuesta por la guerra” en Crónica (1937) de Elena Fortún.

3- Mercedes le os textos “Tengo deseos de reír, las penas” en La inquietud del rosal (1916) e “Sábado” en El dulce daño (1918) de Alfonsina Storni.

 

4- Nancy le “Mi ración de alegría” en Después de todo. Poesía a rachas (1993) de Carmen Martín Gaite.

 

5- Angela le “Insolación” (1889) de Emilia Pardo Bazán.

 

6- Patricia le “Poema al No” e “Soy alegre y afable en el invierno” de Gloria Fuertes.