O 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental. Unha iniciativa da Confederación Mundial da Saúde Mental  para facer fincapé no importante que é atendérmonos e atender aos que nos rodean, pedir axuda ou escoitar.

Dende as bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia lembrámosvos a existencia do proxecto Biblioterapia, cunha serie de recomendacións (libros informativos e obras de ficción) realizadas por expertos e expertas, selección de lecturas promovida pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, dirixida ao apoio en transtornos mentais amén de problemas emocionais de diverso tipo.

Nas Bibliotecas de Redondela podedes contar con boa parte dos títulos de dita selección, pero tamén con outras propostas que vos ofrecemos nos nosos expositores.

Consulta nas nosas bibliotecas… e pregunta ao noso persoal para que vos recomende.
Á vosa saúde!

As recomendacións aquí: #asaudedoslectores