O 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental.

As Bibliotecas Municipais de Redondela xunto con Patricia Rigüela, Técnica de Xuventude  e Dinamizadora Sociocultural do Concello de Redondela e coa colaboración da nosa compañeira  Cristina,  propoñemos,  conmemorar esta data e recordar o deber e a necesidade de coidarnos e de atender ás persoas que están ao noso carón, especialmente dende o eido emocional e afectivo.

Unha rede de coidados e de empatía, non só no noso trato familiar ou de amizades, senón comunitario. Establecer novos vencellos de axuda mutua entre a nosa veciñanza e achegados. Xuntos podemos cambiar os vellos patróns e incorporar condutas máis amables dende a comprensión, celebrando a diversidade.

Na semana do 9 ao 13 de outubro convidamos a nen@s e adultos  a participar  nunha actividade  na que exploraremos a nosa creatividade  para dar resposta a diversas  cuestións emocionais, como un xeito de reflexión colectiva para pensar en que a saúde mental tamén é cousa de todos.

Proporanse preguntas ou reflexións ás que vós convidamos a dar resposta desde a vosa imaxinación e sentimentos.

Compartimos con vós fotografías dalgunhas das participacións deste día!

Comprometámonos todos co autocoidado e o benestar emocional!!