O 11 de xaneiro celébrase o, Día do Usuario e da Usuaria das bibliotecas.

Para festexalo, as Bibliotecas Municipais de Redondela agasallamos, ás persoas que levedes préstamo, cun exemplar do libro “A Redondela de 1669 na acuarela de Pier María Baldi”.
Un breve estudo que explora, a través das acuarelas do pintor Pier María Baldi, a realidade da nosa vila a mediaos do século XVII.

Pier María Baldi percorreu Galicia en 1669, acompañando a Cosimo de Medici, fillo do Gran Duque da Toscana, nos seus periplos viaxeiros. Desta viaxe quedaron para a posteridade as acuarelas do seu pintor.

Mergulládevos na nosa historia!
Ata esgotar existencias.


#DiadoUsuarioedaUsuariadasBibliotecas
#Bibliotecas