Non, nas Bibliotecas Municipais de Redondela será o Día do Libro e da Camelia 🙂
No Día do Libro é tradicional, en moitos lugares de España, regalar unha rosa ao concluír unha lectura, evento ou pregón e que os namorados e persoas queridas se intercambien rosas e libros. Como nas bibliotecas de Redondela queremos moito aos nosos/as usuarios/as acollémonos a esta bonita tradición para este día tan especial ofrecéndolles este encantador deseño de camelia, realizado pola nosa compañeira Olga.
Os/as lectores/as que fagades uso do servizo de préstamo este 23 de abril, levaredes como agasallo unha camelia realizada con papel impreso reciclado e con todo o noso agarimo.