Hoxe reunímonos, na Biblioteca Xela Arias(Chapela-Redondela), @s compañeir@s das Bibliotecas Municipais de Redondela para celebrar o nacemento de Rosalía de Castro uníndonos á campaña, promovida desde o Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, “Día de Rosalía: agasalla un libro e unha flor”

Como gozamos dese breve encontro para intercambiar agasallos e degustar uns deliciosos doces que trouxo a nosa compañeira Mª José!