24 de Outubro, Día das Bibliotecas

Cada 24 de outubro celébrase o Día das BibliotecasA data conmemora a destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada o 1992 durante o conflito balcánico.

A Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura, a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración desta efeméride.

Bibliotecas: ler, aprender, descubrir
A edición deste ano, baixo a lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.

Xanelas para ler

En esencia, as bibliotecas son unha xanela aberta á lectura. Unha lectura que vai máis aló do edificio da biblioteca, pois permiten levar a lectura alí onde estean os seus usuarios, grazas ao préstamo e agora máis que nunca aos servizos de préstamo a través de diferentes plataformas dixitais. Buscamos promover, difundir e celebrar todos estes servizos das bibliotecas que nos achegan á lectura.

Espazos onde aprender

Todas as tipoloxías de bibliotecas, públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais e rexionais constitúen espazos de aprendizaxe a todos os niveis. Ofrecen unha ampla variedade de ferramentas e servizos que buscan impulsar a aprendizaxe tanto individual como colectivo, co obxectivo de que os cidadáns poidan adquirir novos coñecementos transformadores que permitan xerar cambios no ámbito académico, profesional, persoal e de lecer.

Lugares para descubrir

Pero non só se trata da adquisición de coñecementos, senón tamén do enriquecemento persoal: abrir a mente, xerar novas ideas. É importante visibilizar as bibliotecas como lugares de descubrimento que permiten conectar con outras persoas da comunidade e co descoñecido. Para iso inclúense nas bibliotecas novos espazos, actividades e usos que lles permiten afianzarse como un servizo esencial para a cidadanía.

Por razóns de privacidade YouTube precisa o teu permiso para ser cargado. Para máis detalles, mira o noso Aviso Legal.
Aceptar

#DíaDasBibliotecas #LerAprenderDescubrir