Este luns 17 de outubro celébrase o Día das Escritoras. Unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España, xunto coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas, que nace coa intención de darlle difusión á literatura hispánica feita por mulleres. Trátase de reivindicar a figura das escritoras, moitas das cales foron ignoradas, pouco recoñecidas no seu momento, ou esquecidas. En palabras de Ana Santos Aramburo, directora da Biblioteca Nacional: “Rescatar hoy su voz es un acto de justicia y reconocimiento hacia todas ellas”.

A data elexida para festexalo cada ano é o luns máis preto da festividade de Santa Teresa de Jesús (15 de outubro).

O lema desta VII Edición 2022 é Antes, durante e despois das guerras, polo que a temática dos textos seleccionados, de moi variada índole e estilo, fai referencia aos conflictos bélicos: “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumprion en situacións de coflito bélico, e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sofremento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.

Para esta edición cóntase cunha selección de textos en galego, euskera, catalán e moitos dos acentos do castelán de Latinoamérica e España que escribiron un grupo de mulleres que hoxe son recoñecidas como figuras de importancia na cultura do español.

As Bibliotecas Municipais de Redondela, como en anos anteriores, volvemos participar este ano na programación.
Neste 2022, asomámonos á obra das escritoras da nosa histora en colaboración coa Radio Municipal.  As ondas de Radio Redondela retransmitirán algúns destes textos seleccionados (7 en total) dentro da programación do matinal A estación. E para iso, desta vez, contamos coa xenerosa participación da Asociación Española contra o Cancro en Redondela.

Durante a semana do 17 ao 21 de outubro, varios dos textos seleccionados para a edición 2022 serán emitidos pola radio municipal a través das voces de cargos directivos e persoal voluntario desta asociación. Serán todas voces femininas, as cales se prestaron amablemente para facer chegar a voz literaria de mulleres doutro tempo aos ouvidos dos oíntes da radio.

Agardamos contar con vós, lectores, para escoitar esta fermosa programación radioliteraria.
Lembrade que a cita é no 94.9 da FM, pero que tamén poderedes atopar os podcasts na web da emisora.

A nosa celebración na web do Día das Escritoras 2022 da Biblioteca Nacional de España

Ligazón ao mapa interactivo, AQUÍ