O venres 10 de xuño, ás 19:00 h, a Biblioteca P.M. Xela Arias organiza un contacontos… no parque!
Aproveitaremos a caloriña e o bo tempo do verán para gozar do marabilloso parque do Piñeiral do Crego, cos seus piñeiros, e as súas marabillosa paisaxe.
A narradora Alba Grande achegaranos contos de tradicións populares que nos falarán de lumes grandes e pequenos, de fragas e paxaros e de cobras e mulleres. Contos que tamén nos falan de igualdade, de coraxe e solidariedade, así como da chama interna que precisamos para andar o noso camiño. Contos que son, ademáis, un fermoso alegato sobre o coidado da natureza.
A asistencia é de balde, e non precisa inscrición previa.
Está pensada para público de todas as idades, aínda que recomendamos que os cativos vaian acompañados polas súas familias.
Esta actividade realízase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, en cofinanciamento co Concello de Redondela.