As Bibliotecas municipais de Redondela voltamos participar na programación de actividades que o Concello de Redondela está a organizar para festexar o Día Internacional da Muller.


Así o xoves 14 de marzo, ás 18:30 h. a Biblioteca Xela Arias acollerá o contacontos “Vamos ao recreo”, que nos achega a compañía Trémola Teatro.

“O recreo é o sitio máis divertido de todo o cole. Pero o cole de esta historia é un pouco particular. O patio estaba separado por unha corda, nun lado xogaban as nenas e do outro lado os nenos. Non se podían mezclar. Isto foi así desde o principio dos tempos, ata que chegou Sara. Vindes con nós a descubrir como esta nena revolucionou todo o patio?”

Unha proposta para cativos e cativas a partir de 3 anos, acompañados polas súas familias.

A actividade é de balde, e ten entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Agardamos que vos acheguedes a gozar desta historia e de festexar con nós o Día Internacional da Muller.