🌟Inauguramos o novo curso escolar con dous contacontos dirixidos a nen@s de diferentes idades que se desenvolverán na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela :    

 

  👵 “A Bibliotecaria Estrafalaria 2.0” con Cris de Caldas 

O mércores 27 de setembro ás 18:00 h.
Para nen@s de 4 a 8 anos
Entrada libre e de balde
“Candelaria, a bibliotecaria estrafalaria, é a que máis sabe de contos sorprendentes, ás veces soña co París dos surrealistas pois namorou dun dos seus lemas “máis xogar e menos pensar”. Outras, soña con ser o Alicia e levar un sombreiro tolo…Unha brincandeira inolvidable entre libros!”

 

 

🐸  “Chimpo de ra” con Raquel Queizás

O venres 29 de setembro ás 17:30 h.
Para nen@s de 1 a 4 anos
Prazas limitadas. Inscrición previa na Biblioteca Municipal de Redondela (📞 986-401-561)
De balde
“Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas se converten en todo un reto. Através de diferentes contos, cantigas, enredos, dun xeito lúdico, xogando, aprendemos na nosa lingua a coñecer o mundo que nos rodea. E así divertíndonos ensinamos aos máis cativos a presumir de lingua propia.”