As Bibliotecas Municipais de Redondela,  coa colaboración de Patricia Rigüela, animadora sociocultural no Concello de Redondela, sumámonos ao Día Internacional do Autocoidado.

Dende hoxe e ata o luns que vén compartiremos 5 suxestións, consellos para que todos nos coidemos mellor.

1- Tí es o teu punto de partida: quérete

“Quérete. Coñécete máis e mellor:
Coñecerse a unha mesma /a un mesmo asemella un emotivo viaxe, que che permite unha vida máis plena e chea de relacións, respecto e agarimo.
Unha tarefa apaixoante que pasa por aprender sobre as túas fortalezas e feblezas, queréndoas e aceptándoas.

▪️ Ninguén pode coñecerte mellor ca ti.
▪️ Respéctate e respecta os teus límites.
▪️ Pasa tempo contigo.
▪️ Respira conscientemente.
▪️ Se podes, medita.
▪️ Practica a atención plena.”

🌱LECTURAS RECOMENDADAS:
– DR. MARIO ALONSO PUIG: Reinventarse, tu segunda oportunidad. Plataforma Ed.
– RAQUEL DÍAZ REGUERA: Yo voy conmigo. Thule.

👉FOTOGRAFÍA: Bibliotecas Municipais de Redondela – Paseo da Xunqueira.

 

 

 

2- 𝐌𝐨𝐯𝐞́𝐧𝐝𝐨𝐭𝐞 𝐜𝐨𝐚 𝐯𝐢𝐝𝐚 (𝐞𝐱𝐞𝐫𝐜𝐢𝐭𝐚 𝐨 𝐜𝐨𝐫𝐩𝐨)

Unha actividade imprescindible para o noso equilibrio é facer exercicio físico, en calquera modalidade.
▪️ Móvete, camiña, explora
▪️ Relaciónate coa natureza
▪️ Elixe unha actividade agradable e axeitada
▪️ Sé constante
▪️ E, se é posible, faino en compañía… ou en grupo!
🔸 Entrar en contacto coa Natureza fai que a vida sexa moito mais fermosa, moito mais real.
🔸 Fai algo todos os días que sexa amoroso co teu corpo e che dea a oportunidade de experimentar e gozar coas súas sensacións.
🔸 O teu corpo é o teu compañeiro de vida: escóitao, aténdeo e cóidao.
🌱LECTURAS RECOMENDADAS:
– 𝑯𝑨𝑹𝑼𝑲𝑰 𝑴𝑼𝑹𝑨𝑲𝑨𝑴𝑰: 𝑫𝒐 𝒒𝒖𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒐𝒖 𝒂 𝒇𝒂𝒍𝒂𝒓 𝒄𝒂𝒏𝒅𝒐 𝒇𝒂𝒍𝒐 𝒅𝒆 𝒄𝒐𝒓𝒓𝒆𝒓. 𝑬𝒅. 𝑮𝒂𝒍𝒂𝒙𝒊𝒂.
– 𝑱𝑰𝑹𝑶 𝑻𝑨𝑵𝑰𝑮𝑼𝑪𝑯𝑰: 𝑬𝒍 𝒄𝒂𝒎𝒊𝒏𝒂𝒏𝒕𝒆. 𝑬𝒅. 𝑷𝒐𝒏𝒆𝒏𝒕 𝑴𝒐𝒏.
👉FOTOGRAFÍA: Bibliotecas Municipais de Redondela – Peregrinos en Redondela.

3- Alimenta o  teu espírito (le, escribe, crea)

Goza da lectura e, tamén, achégate á escritura.
🔸 “Os libros ensináronme a pensar e o pensamento fíxome libre” (Ricardo León y Román).
▪️ Esperta a curiosidade que hai en tí
▪️ Explora a túa creatividade
▪️ Conecta coa paixón
▪️ Atrévete a imaxinar
▪️ Non importa se non está perfecto, só déixate levar.
▪️ Goza do proceso e da aprendizaxe, e non te esixas co resultado.
Ler asemella unha viaxe.
Un libro pode emocionarnos, conmover, revolver e facer que nos cuestionemos. Pode transformar a nosa visión do mundo.
🔸 “Escribir é a maneira máis profunda de ler a vida” (Francisco Umbral).
🌱LECTURAS RECOMENDADAS:
– 𝑬𝑳𝑬𝑵𝑨 𝑴𝑶𝑳𝑰𝑵𝑰: 𝑳𝒂 𝒑𝒆𝒒𝒖𝒆𝒏̃𝒂 𝒇𝒂𝒓𝒎𝒂𝒄𝒊𝒂 𝒍𝒊𝒕𝒆𝒓𝒂𝒓𝒊𝒂. 𝑬𝒅 𝑴𝒂𝒆𝒗𝒂.
– 𝑺𝑰𝑳𝑽𝑰𝑨 𝑨𝑫𝑬𝑳𝑨 𝑲𝑶𝑯𝑨𝑵: 𝑳𝒂 𝒆𝒔𝒄𝒓𝒊𝒕𝒖𝒓𝒂 𝒕𝒆𝒓𝒂𝒑𝒆́𝒖𝒕𝒊𝒄𝒂. 𝑨𝒍𝒃𝒂 𝑬𝒅𝒊𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂𝒍.
👉FOTOGRAFÍA: Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.

4- Nutríndose da vida (alimentación saudable)

🔸 “Saber comer é saber vivir” (Confucio).
▪️ Aliméntate de forma sa e equilibrada
▪️ Come despacio e con atención
▪️ Goza de comer en compañía. A comida compartida sabe mellor.
▪️ Cociña. Goza da elaboración dos alimentos. Sorprende a outros.
▪️ E se probas a cultivar os teus alimentos?
🔸 “Qué a comida sexa o teu alimento, e o alimento a túa mediciña” (Hipocrates).
🍴 Somos persoas afortunadas aquelas que crecemos alimentándonos da comida feita polas nosas avoas, avós, nais ou pais. Comida feita a lume lento e co ingrediente máis importante, que é o amor.
🍴 A cultura xaponesa ten unha palabra moi fermosa que se emprega antes de comezar a comer: “itadakimasu”. A súa tradución é: “Grazas pola semente, grazas pola persoa que plantou esa semente, grazas pola persoa que a recolleu, grazas pola persoa que a transportou, grazas á persoa que a vendeu, grazas á persoa que a cociñou, grazas ao alimento, Grazas á persoa que a serviu”.
🍴 É moi importante o qué comemos pero aínda máis como o comemos.
🌱LECTURAS RECOMENDADAS:
– 𝐇𝐈𝐒𝐀𝐒𝐇𝐈 𝐊𝐀𝐒𝐇𝐈𝐖𝐀𝐈: 𝐋𝐨𝐬 𝐦𝐢𝐬𝐭𝐞𝐫𝐢𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐥𝐚 𝐭𝐚𝐛𝐞𝐫𝐧𝐚 𝐊𝐚𝐦𝐨𝐠𝐚𝐰𝐚. 𝐄𝐝. 𝐒𝐚𝐥𝐚𝐦𝐚𝐧𝐝𝐫𝐚.
– 𝐌𝐀𝐑𝐈́𝐀 𝐂𝐎𝐑𝐁𝐀𝐂𝐇𝐎, 𝐄𝐍𝐑𝐈𝐐𝐔𝐄 𝐋𝐎́𝐏𝐄𝐙: 𝐕𝐢𝐝𝐚 𝐬𝐚!. 𝐇𝐞́𝐫𝐜𝐮𝐥𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐄𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐞𝐬.
👉FOTOGRAFÍA: Biblioteca Valle-Inclán de Redondela: Mercado de Redondela.

5- Relacionándonos

As relacións son unha parte moi importante das nosas vidas.

👥Coas persoas, co entorno e tamén con nós mesmos. As relacións de parella, familiares, as amizades. Todas requiren atención, adicación e coidado.

👥Unha relación sa e construtiva parte sempre da honestidade cun mesmo, que revirte na honestidade cos demáis.

▪️ Practica a empatía, a escoita e a comprensión.
▪️ Relaciónate desde a asertividade.
▪️ Confía en tí: no que fas e no que dis, e acepta que tamén podes equivocarte.
▪️ Comunica máis e mellor o que precisas, o que pensas e o que queres: ninguén pode adiviñalo.
▪️ Recoñece os teus erros e acéptaos con naturalidade. Acepta tamén os erros das outras persoas.
▪️ Se amable e apóiate nos bos modais.
▪️ Coida os detalles.
▪️ Respecta sempre.

🔸 “A verdadeira amizade é como a fosforescencia, resplandece mellor cando todo escurece” (Rabindranath Tagore).
🔸 “O vencello que une a túa auténtica familia non é de sangue, senon de respecto e alegría mutua” (Richard Bach)
🔸 “Amor é darlle ao outro a posibilidade de que sea a persoa que é e non a que os demáis agardan que sexa” (Roy Galán).

🌱LECTURAS RECOMENDADAS:
– 𝑴𝑨𝑹𝑻𝑨 𝑴𝑨𝑹𝑻𝑰́𝑵𝑬𝒁 𝑵𝑶𝑽𝑶𝑨: 𝑸𝒖𝒆 𝒔𝒆𝒂 𝒂𝒎𝒐𝒓 𝒅𝒆𝒍 𝒃𝒖𝒆𝒏𝒐. 𝑬𝒅. 𝒁𝒆𝒏𝒊𝒕𝒉.
– 𝑳𝑼𝑪𝒀 𝑴𝑨𝑼𝑫 𝑴𝑶𝑵𝑻𝑮𝑶𝑴𝑬𝑹𝒀: 𝑽𝒂𝒍𝒂𝒏𝒄𝒚 𝑺𝒕𝒊𝒓𝒍𝒊𝒏𝒈 𝒐 𝑬𝒍 𝑪𝒂𝒔𝒕𝒊𝒍𝒍𝒐 𝑨𝒛𝒖𝒍. 𝑫𝒆𝒑𝒐𝒄𝒂 𝑬𝒅𝒊𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂𝒍.