As Bibliotecas municipais de Redondela e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade COGAMI xúntanse este luns para festexar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra 3 de decembro.

Esta tarde a Biblioteca Xela Arias recibiu a visita dun grupo de persoas usuarias do Centro de Recursos de Mos.

Unha visita na que poder darlles a coñecer os servicios da Rede de Bibliotecas de Galicia e mais tamén para explorar xuntos o benestar que proporciona a literatura, buceando nos libros seleccionados polas bibliotecas no seu centro de interese  para o autocoidado e a saúde emocional.

Unha tarde para compartir emocións e achegarnos xuntos aos libros, á poesía, á lectura e mais a creatividade. Unha tarde onde todos e todas aprendemos e nos divertimos.

Moitas grazas aos usuarios e usuarias de COGAMI por achegarse a nós.