A pasada semana comezou o novo curso nos Clubs de Lectura das nosas bibliotecas e … POR FIN! de modo presencial.
👉Aquí algunhas fotos das reunións nas Bibliotecas de Redondela e Chapela con algúns/has, que non todos/as, dos/as participantes.
📚Boas Lecturas para tod@s!

Aquí deixámosvos unhas palabras de Jerónimo, o noso xenial coordinador, sobre estas primeiras sesións:

“Os clubs de lectura de Redondela volveron!

Retornar aos espazos compartidos e aos debates cara a cara, sen pantallas por medio, resultou unha experiencia vibrante tras case dous anos de exilio nas redes.

A primeira lectura veu da man de Carson McCullers. “Reflejos en un ojo dorado” é unha novela áspera e sensual, chea de emocións soterradas, que vira ao redor das dificultades da propia aceptación e a comunicación interpersoal.

O seu inicio é xa un clásico das letras americanas:

“Un puesto militar en tiempos de paz es un lugar monótono.” (An army post in peacetime is a dull place.)


 Definitivamente un club de lectura non é un posto militar!

Diálogos fluídos, ideas diversas, escintileos de enxeño, acordos unánimes, discrepancias afables, sorrisos sutís ou risas francas; ingredientes todos dese exquisito cóctel que mensualmente, entre todo o grupo, se prepara.

Si, segundo conta, Carson McCullers levaba unha dieta só de xenebra, cigarros e desesperación, o club de lectura practicou a anti-dieta McCullers! E ben saborosa que soubo…

Próxima parada: “Hotel Silencio”, da islandesa Auður Ava Ólafsdóttir. Que non nos deixe sen palabras!