O pasado venres comezamos o novo curso dos Clubs de Lectura das nosas bibliotecas cunha actividade inaugural, desenvolvida dentro do programa LER CONTA MOITO, da Xunta de Galicia.
Nesta ocasión foi un taller de Papiroflexia impartido por Miguel Cortés no que, entre outras cousas, aprendemos a envolver libros segundo a técnica do Origami.
Como sempre con Miguel, que xa nos impartiu unha sesión de caligrafía chinesa outro ano, o tempo “voou”, sóubonos a pouquísimo e quedáronnos moitas cousas apetecibles por realizar.
Haberá que repetir 🙂