A Biblioteca Xela Arias convida a nenos e grandes a presenciar un espectáculo de narración oral e efectos audiovisuais que non vos vai deixar indiferentes:
“Cinema marabillas: ver para ler”, coa contadora Raquel Queizás.
Cinema marabillas é un espectáculo audiovisual que nos achegará ás primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos, e nos libros clásicos da literatura. O cinema mudo como un recurso máis para narrar historias, onde aventura, humor, misterio, tenrura, maxia e fantasía están moi presentes… Porque o cinema, tamén se le.
Alicia no pais das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, ou Polgariño serán protagonistas destas historias que se narran, que se escriben… e que se levaron ao cinema cando este arte aínda estaba nas súas orixes.
Con esta actividade festexaremos na biblioteca, cun pouco de adianto, o Día das Bibliotecas.
A nosa actividade está programada para o xoves 14 de outubro, ás 18:30 h., no auditorio do Multiúsos de Chapela
👧🧒 Para nenos e nenas a partir de 5 anos e as súas familias
Inscrición previa: Biblioteca Xela Arias 986-454-226 bibliotecachapela@redondela.gal
Velaquí podedes ver un trailer deste espectáculo:
E mais unha reseña do mesmo, realizada pola nosa directora, Elena Becerra, e publicada pola revista de tirada nacional: Mi biblioteca, a raíz de que a actividade se desenvolveu o ano pasado en Redondela:
A actividade realízase grazas ao programa Ler conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.