Contacontos que diriximos a nen@s de 1 a 4 anos protagonizado pola ra, un monicreque, “Nano”. Através de diferentes contos, cantigas, enredos, dun xeito lúdico, os nen@s aprenderon sobre o mundo que os rodea e moitas cousas sobre uns animais tan especiais como son as ras.

Nen@s, adultos acompañantes,…tod@s  gozamos moitísimo con “Chimpo de ra”. Facía moito tempo que non oiamos rir tanto nunha actividade. Deliciosa e completísima sesión de contacontos con Raquel Queizás.

A biblioteca realizou esta actividade grazas ao programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.