O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade . As bibliotecas municipais de Redondela quixemos adiantarnos á celebración dunha data tan importante achegando un contacontos onde a inclusión, o respecto, e o amor ás diferencias que nos unen fora os protagonistas.

Cris de Caldas, bibliotecaria e narradora excepcional, foi a voz que achegou este amor e agarimo aos nosos corazóns, e a que nos fixo rir, e rebulirnos con gozo.

Contos como “El cazo de Lorenzo”, “Por cuatro esquinitas de nada”, “Las jirafas no pueden bailar” ou “Elmer”.

Con ela celebramos ese mundo mellor e máis amable, onde todos e todas teñamos o noso lugar. E onde podamos entendernos e respectar as nosas diferencias que nos fan únicos. Porque somos diversos e diversas.

#DiversidadeFuncional