A biblioteca de Chapela recibiu hoxe con moita alegría a Noa G. Pérez, usuaria cando nena da biblioteca e flamante autora agora da novela “Todo al rojo”, publicada por Autografía.
Acompañada por Román, o seu profesor de lingua e literatura de secundaria, Noa deunos as claves (e púxonos os dentes longos) para coñecer a trama e os aspectos máis interesantes desta narración.
“Todo al rojo” é unha novela fantástica de corte romántica, na que a protagonista é Alessandra, unha princesa á que lle toca converterse en raíña, e que debe facer o seu proceso de aprendizaxe para ser quen de saber a verdade sobre as necesidades do seu país e estar á altura do que lle esixe o seu futuro cargo. Para tal contará coa axuda do xeneral William Bell, pero tamén cun inimigo inesperado, o usurpador Enzo de la Rosa.
A autora respondeu ás preguntas do público, e falounos tamén da súa emoción por presentar a novela nesta biblioteca, onde ten grandes recordos da súa infancia, na que participou no club infantil de lectura, ademáis de achegarse a libros que lle marcaron como escritora. Ademáis confesou quenes foron as persoas reais ou os persoeiros de ficción que inspiraron a algúns dos personaxes da súa novela.
Moitos familiares, amizades e veciños e veciñas acompañárona neste acto, e achegaron os seus exemplares do libro para que a autora os asinara.
A bibioteca conta tamén cun exemplar asinado para a súa colección local, doado pola propia autora. Dende o luns poderedes levalo en préstamo.
Grazas Noa, e parabéns polo teu éxito como escritora, xa que sabemos que a novela vai publicar xa a segunda edición.