Esta mañá recibimos a visita dun grupo de usuari@s do CAPM (Centro de Atención a Persoas Maiores) de Redondela, acompañad@s polas súas monitoras, Blanca e Marta, que quixeron celebrar na biblioteca a próxima conmemoración do Día das Letras Galegas.

                                  Lectura en grupo da vida de Francisco Fernández del Riego

                      Centro de interese para a actividade

Moitísimas grazas por pensar en nós para festexar tan fermosa data!
Foi un pracer coñecervos a tod@s!