Este ano 2022, Alexia Dotras Bravo sacou do seu caixón de escritora , os relatos que, desde a primavera de 2004, comezou a escribir para exorcizar os demos da morte do seu pai. Son relatos nos que imos atopar historias aparentemente cotiás, que, de súpeto, nos sorprenden e dános… ata un calafrío! Son moi, pero que moi adecuadas, para este mes de novembro que nos acompaña. Así mesmo, están presentes temas de, tristemente, moita actualidade: a violencia contra a muller, os trastornos mentais,…
Temos que engadir que sempre é unha auténtica delicia gozar das palabras, da compañía e da irresistible personalidade de Alexia que , en cada encontro, arrástranos un pouco máis cara ao amor á lectura; disto temos experiencia os/as que durante moitos anos tivemos o privilexio de contar con ela como coordinadora dos Clubs de Lectura de Adultos das Bibliotecas de Redondela.
Agardámosvos na tarde do luns, 21 de novembro, para gozar da calidez e dozura dun café xunto co toque intelixentemente arrepiante dos relatos de Querido Peles.
A entrada é libre e de balde.
* Alexia Dotras Bravo é especialista no Quixote, libreira e xestora cultural. Exerce como profesora no Instituto Politécnico de Bragança , onde vive desde hai anos