💟Emocionados que estamos coa xentileza do 🔸CPR María Inmaculada (Verín), 🔸CEIP Xunqueira 1 (Pontevedra), 🔸Colexio de Verducido (Pontevedra), 🔸Colexio de Campañó (Pontevedra), 🔸 CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén, 🔸 C.R.A. Monterrei (Ourense), 🔸 Santa María do Castro (Boiro), 🔸CEIP de Quiroga (Lugo)  🔸 O Ruxidoiro (A Valenza-Ourense), 🔸 C.P.R. Colexio Vigo (Redondela),  🔸 IES Félix Muriel (Rianxo),  🔸 CEIP Vales de Villamarín (Betanzos), 🔸 IES Xesús Taboada Chivite (Verín), e 🔸 1° curso do C. S. de Animación Sociocultural e Turística do CIFP de Ourense que, non soamente, buscaron e atoparon a Xela a través da visita virtual á Biblioteca P.M. Xela Arias de Chapela (Redondela), senón que nos enviaron as fotografías que dan fe dese encontro que sabemos foi moi, moi grato.

E moitísimas grazas aos nosos compañeir@s por se  facer eco da videovisita á Biblioteca Xela Arias nas súas redes sociais : 🔸Biblioteca Municipal de Ames, 🔸Biblioteca Pública de Lugo, 🔸Biblioteca Pública de Pontevedra, 🔸Biblioteca Municipal de Verín

As Bibliotecas Municipais de Redondela recibimos un agasallo moi fermoso. É o traballo dunha nena dun cole de Vigo: mandoullo a Raquel Queizás a súa nai e Raquel a nós.
 É un debuxo no que sae a nosa Biblioteca Xela Arias de Chapela debuxada como se fose unha casiña de conto…

 A autora chamase Alba, ten 10 anos, e estuda no Centro Dr Fleming de Vigo.

✅MOITAS GRAZAS A TOD@S QUE COMO NÓS…. ❤️ XELA ARIAS!