“A biblioteca que viaxaba no tempo” é o título do contacontos que Olga Abad achegou aos máis pequenos na Biblioteca de Chapela. Cativos de 1 a 4 anos, acompañados das súas familias, gozaron da maxia das historias e de achegarse á biblioteca para festexar o Día do Libro.
Unha actividade que realizamos grazas ao programa Ler conta Moito, promovido pola Xunta de Galicia.