Compracémonos en presentarvos o vídeo completo de “Buscando a Xela: visita virtual á Biblioteca Xela Arias de Chapela”.

Unha videovisita á nosa biblioteca situada en Chapela, que leva o nome de Xela Arias, e que festexa así este ano especial dedicado á escritora.

O vídeo paga a pena. Dura uns 10 minutos… pero pásanse voando!, xa que a narración do mesmo é dinámica, con misterio e efectos moi divertidos.

Veremos a biblioteca e coñeceremos moito sobre a figura literaria da escritora.

Agardamos que vos guste, xa que está feito con moito entusiasmo e agarimo.

Conta coa dirección, guión e interpretación da actriz e narradora Raquel Queizás, e a gravación de Fernando Carreira.

Podedes velo aquí