Queridos amigos e amigas

De casa dixital☺️!

Ata hai pouco, toda a información sobre as Bibliotecas Municipais de Redondela estaba localizada nesta web-blog na que vos atopades.

Desde finais do mes de abril temos a nosa vivenda na páxina web do concello.

Alí, dentro da sección “Áreas”, poderedes atopar ás Bibliotecas Municipais de Redondela con toda a información  coa que contabades, ata o momento, nesta localización e, por suposto, como ocorre con calquera mudanza, enriqueceremos aos poucos o contido.

Vémonos en redondela.gal!