Na mañá de onte rematamos as visitas que realizamos para este curso escolar á Biblioteca Xela Arias de Chapela.

Un grupo formado polo alumnado de 3º e mais de 4º de Primaria do CPR Colexio Vigo foi o último en realizar esta actividade nas nosas instalacións neste xa rematado curso escolar.

Como cos anteriores grupos, o noso persoal fixo unha pequena explicación do que é unha bibioteca, a súa organización e o funcionamento, pero sobre todo, os servizos que proporciona á veciñanza. Ademáis diso achegamos unha serie de contos relacionados co noso centro de interese pensado no autocoidado e na saúde mental, proxecto co que vimos facendo unha serie de achegamentos á cidadanía.

Ao final da visita os nosos convidados fixeron bonitos sorrisos cos que espallar a ledicia por toda Redondela.

Estamos moi contentos coa reacción de todos os centros de ensino que participaron connosco, e agardamos que o profesorado e os seus centros manteñan ese entusiasmo por achegar ao alumnado ás bibliotecas públicas.