O vindeiro sábado, 8 de outubro, a Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela ofrecerá o espectáculoAstrolabios“,  da compañía Tarabela Creativa, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira (Redondela), ás 19:30 h.

“Astrolabios” é un espectáculo cósmico de narración oral para toda a familia, a partir de sete anos, no que imos coñecer o espazo, as estrelas, os planetas,…

A entrada é libre e de balde e non necesita inscrición previa.

A actividade desenvólvese dentro do Programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia

Información na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela (986401561)

Baixaremos a lúa do ceo, teremos o Sistema Solar completo ao alcance da man e mesmo veremos nebulosas de preto.
Non hai foguete que nos leve máis lonxe e que sexa máis ecolóxico que os contos, as historias,…, así que temos que subirnos a este para completar esta expedición!

E FUMOS AO ESPACIO!…..e voltamos 🙂

Un éxito de “expedición” ao que contribuíu a interactividade co público. Ainda que recomendado “a partir de 7 anos”, os nenos que asistiron de idades máis tempranas quedaron ata o final e o gozaron ( ainda que se lles escapase algún concepto)

 Moitas grazas a  Carmen Conde e Diego de Tarabela Creativa e🌛moitas grazas a tod@s s que nos acompañastes esa tarde!

Esperamos que o gozarades moito, moito 😊