🌟 Na Biblioteca Xela Arias de Chapela tamén inauguramos o novo curso con actividades para nenos e nenas de diferentes idades

 

  🧒 Contacontos “Unha tarde especial con Dori”, con Batucado & Emusin 

O martes 19 de setembro, ás 17:00 h.

Para nen@s de 18 meses a 3 anos

Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Xela Arias de Chapela (📞 986-454-226, 💻 bibliotecachapela@redondela.gal).

De balde.

““Unha tarde especial con Dori” lévanos ó cuarto dunha rapaza moi curiosa e con moita imaxinación. Veremos como Dori prepara algo especial para a súa Avoa polo seu aniversario. Será unha torta? Un debuxo? Ou unha canción? Teremos que acompañala nesta aventura para descubrilo, na cal mediante contos, movemento, música e elementos luminosos nos fará pasar un día máxico.”

 

 

📖 Obradoiro “Atrévete a facer o teu propio libro”, con Estefanía Padullés

O martes 26 de setembrode 18:00 a 20:00 h.

Para nen@s de 6 a 12 anos

Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Xela Arias de Chapela (📞 986-454-226, 💻 bibliotecachapela@redondela.gal)

De balde.

“Con este obradoiro seremos os autores do noso propio libro. Faremos un álbum ilustrado de principio a fin e sairemos da actividade co noso propio conto baixo o brazo.”

 

Ambas actividades se realizan na biblioteca a través do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.