Na mañá de hoxe a Biblioteca Xela Arias recibiu dentro das súas instalacións ao obradoiro de estimulación cognitiva chapelán de AFAGA.
Este obradoiro realiza as súas actividades dentro do Multiúsos de Chapela, ao lado das instalacións da biblioteca, así que tiñamos pendente realizar con eles unha sesión especial para que coñeceran os nosos servizos.
Trátase dun grupo de persoas maiores, acompañados de dúas monitoras, que durante as súas xuntanzas semanais traballan a estimulación funcional e cognitiva. O grupo está organizado pola Asociación Afaga, de atención ás persoas con enfermidades neurodexenerativas, e o seu público son persoas maiores da nosa contorna: os veciños e veciñas de máis idade da nosa parroquia, e quenes na súa maioría non coñecían a biblioteca.
Tiñamos nervios, pero tamén ilusión, porque non é o público ao que estamos acostumbrados.
Recoñecémolo: estamos máis afeitos a facer visitas para grupos escolares, e esto resultábanos novo… Pero despóis da xornada de hoxe, de seguro nos animaremos máis veces a recibir a colectivos de persoas maiores, que teñen tanto que aportar e transmitir.
No encontro gozamos de falar de bibliotecas e de libros, de contar contos e recitar poemas, e deixándonos levar pola maxia hipnótica dos álbumes ilustrados. Ademáis fixemos tamén algúns traballos manuais con origami para levar de recordo.
Unha actividade organizada a raíz do proxecto das Bibliotecas Municipais de Redondela por traballar a saúde mental e o autocoidado a través dos libros e a literatura. Con el as bibliotecas están a ofrecer un espazo sosegado de reflexión e encontro, e contribúen a un dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, o nº3, que se axusta cara o coidado da Saúde e o Benestar.