O “Día de las Escritoras trátase dunha conmemoración iniciada en España no 2016 para recuperar o legado das escritoras, facer visible o traballo das mulleres na literatura e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia.
   A celebración, de carácter anual, convócase o luns máis próximo ao 15 de outubro, festividade de Teresa de Jesús. Para iso, sempre se leva a cabo un acto de homenaxe promovido pola Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM).
 Este luns,  18 de outubro, celebrarase na Biblioteca Nacional  a VI edición que conta co comisariado da poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños , quen elixiu o tema Leer las edades de la vida, en torno ao cal vira a selección dos textos e as autoras.  Autoras entre as que se atopa Dona Emilia Pardo Bazán da que estamos a celebrar o centenario da súa morte e a nosa queridísima Xela Arias
Os Centros de Interese nas nosas Bibliotecas

Os libros de poesía doados pola Fundación Filomena Rivero Alonso locen así de estupendos nos seus respectivos centros de interese das nosas bibliotecas

Por este motivo,  escollimos a poesía como centro neurálxico, a través dunha autora que centra as celebracións do Día das Letras Galegas e da biblioteca que leva o seu nome,  na conmemoración  deste día baixo o eslogan: “Ler a Poesía da Vida” como subtítulo de “Ler as idades da vida” e  que se concretará nunha   lectura radiofónica diaria , do 18 ao 22 de outubro, a través das ondas de Radio Redondela,  de poemas de creadoras de distintos países tomando como base as obras doadas pola Fundación Filomena Rivero Alonso para esta conmemoración e nas voces do persoal das Bibliotecas Municipais de Redondela.
Así memo, ao longo destes día haberá repartición de marcapáxinas da poeta Xela Arias, nunha edición especial que fora realizada con motivo do nomeamento da Biblioteca de Chapela co nome de Xela Arias, no ano 2018.
Colocaranse senllos centros de interese coas obras poéticas de autoras de diversas nacionalidades doadas pola Fundación.
-A celebración en Radio Redondela na sección Literatura nas Ondas
-A celebración en Radio Redondela