Como xa sabedes, mensualmente o SNL do concello de Redondela estase a poñer en contacto con distintos/as creadores/as e persoas das letras para pescudar sobre as súas preferencias literarias e os libros que máis lles marcaron ao longo da súa vida.
Neste mes de xullo é Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro o convidado. En varias ocasións, nestes últimos anos, estivo en Redondela participando en actividades arredor da nosa escritora nacional. Ademais encargouse da edición de varios poemarios e publicou numerosos artigos sobre Rosalía. Sen dúbida é un dos grandes promotores e divulgadores da vida e obra rosalianas.
Aquí podedes acceder á entrevista no blogue do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela
As bibliotecas poñemos o noso pequeno gran de area nesta preciosa iniciativa , colocando cada mes, nas nosas salas de lectura, un centro de interese coas obras dos escritores que máis lle prestan ao autor/autora do mes.