A Maga Leo Leiño visita Redondela para ofrecer o seu espectáculo “A peregrina máxica”, un percorrido cheo de maxia e ilusión pola Ruta Xacobea.
Neste ano Santo Xacobeo, Leo Leiño, da man da primeira peregrina, Exeria, nos leva cara a Santiago , seguindo as instrucións do Codice Calixtino e “peregrinando” a través de trucos sorprendentes e divertidos. Descubríndonos, lendas e costumes do camiño.

Será o xoves, 15 de xullo, ás 12 da mañá, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira en Redondela
Para nenos/as a partir dos 5 anos e público familiar en xeral.
A entrada é de balde pero necesita inscrición previa na biblioteca de Redondela (tfn. 986 40 15 61, de 9:00 a 14:00 h.) xa que as prazas son limitadas.

Organizan: Concellaría de Cultura e Bibliotecas Municipais de Redondela a través do Programa  de dinamización da lectura “Ler conta Moito” da Xunta de Galicia.

E UN TEMPO DESPOIS…

Xa pasou por Redondela á Peregrina Máxica! (imaxe inferior no Auditorio da Xunqueira ) e deixounos unha interesantísima conxunción entre maxia e historia e curiosidades en torno ao Camiño de Santiago da que gozaron corenta espectadores/ as. Bo Camiño Leo Leiño!