O 30 de xaneiro, día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración dentro do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia. Unha data para lembrar e homenaxear aos profesionais da ilustración, e un xeito de recoñecer o seu importante rol na cultura do libro e a súa aportación clave para a experiencia da lectura.

As Bibliotecas Municipais de Redondela queremos sumarnos a esta bonita efeméride realizando actividades arredor do debuxo, e contando coa colaboración e complicidade dos nosos usuarios e usuarias de todas as idades.

  • BIBLIOTECA XELA ARIAS DE CHAPELA

Na Biblioteca Xela Arias estamos moi contentos porque imos contars coa presenza da ilustradora chapeleira Nusy Lo. que dirixirá unha sesión aberta de debuxo.

Noa L. Lorenzo, coñecida artísticamente como Nusy Lo, adícase ao márketing dixital e mais ao deseño, e recentemente vimos o seu primeiro traballo editorial da man de Belagua, no libro “O verme que quería voar”. Apaixoada do mundo da ilustración, súmase ilusionada a compartir a tarde con nenos e nenas con inquedanzas artísticas.

Noa (Nusy Lo) coa súa gata

➡A actividade terá lugar martes 30 de xaneiro, a partir das 18:00 h. para nenos e nenas a partir de 4 anos.
A rapazada interesada en participar deberá inscribirse previamente na biblioteca, chamando ao 986-454-226 ou enviando un correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal

 

  • BIBLIOTECA VALLE-INCLÁN DE REDONDELA

    Na Sala Xeral da  Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela estará colocado, desde 0 29 de xaneiro ata o 2 de febreiro, un gran caderno de debuxo invitando, a todos/as  aqueles/as  que se acheguen á sala, a divertirse realizando un debuxo espontáneo co que celebrar esta conmemoración.