O vindeiro 24 de outubro celébrase en España o Día das Bibliotecas.

Para festexar unha data tan importante e significativa para os nosos centros, a Biblioteca Xela Arias convida ás familias lectoras a unha fantástica obra de títeres, da man da afamada titiriteira Carmen Domech, e leva por título “Onde viven os monstros”.

Partindo do famoso álbum ilustrado do neoiorkino Maurice Sendak, a obra plantéxase dende o humor e a diversión. “Nesta historia Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais”.

 

A representación terá lugar o propio Martes 24 de outubro, Día das Bibliotecas, ás 18:30 h.

O espectáculo é de balde e con entrada limitada. Para asistir teredes que recoller previamente un pase na biblioteca. Estes entregaranse media hora antes da hora do comezo do espectáculo.

A actividade realízase na biblioteca a través do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.